Alba, canguro en Rairiz de veiga
Ola! Son unha rapaza que acaba de rematar bacharelato e en breves comezo a universidade. Estou buscando traballo de coidadora de nenos sobre todo en días esporádicos ou a tempo parcial. Teño experiencia neste campo xa que axudei a coidar das miñas irmás pequenas. Podo xogar cos nenos e facerlles compañía, levalos ao parque, a actividades extraescolares, axudarlles cos deberes e axudar nas tarefas da casa.



