Son graduada en Educación Infantil e formación en Educación Emocional, pedagoxías activas como Montessori ou Reggio Emilia.
Teño ampla experiencia no acompañamento de crianzas de 0 a 8 anos, en escolas, campamentos, comedor escolar, centro de ocio, extraescolares, con familias... Sempre desde un enfoque de Educación Respectuosa e Positiva.
Paréceme moi importante traballar a través do sentido do humor, transmitirlle ás crianzas unha conduta exemplar de calma, atención, respecto, escoita, empatía... pois sempre nos imitan e acaban reproducindo os nosos patróns. Deste xeito sucede facilmente un vínculo afectivo entre as crianzas e eu, ademais do máis importante, axudar a desenvolver unha conciencia de si mesmas e das demais persoas.
No acompañamento que practico, paréceme básico tratar os nenos e nenas como seres capaces e cheos de posibilidades, polo que a autonomía persoal e unha competencia que teño moi en conta para fomentar.
Nos últimos anos estívenme formando en Didáctica da Educación Artística para traballar a Creatividade, e podo facer propostas deste tipo que resultan moi enriquecedoras para poder desenvolver o control emocional e a imaxinación.
Son unha persoa tranquila, alegre, responsable, cariñosa, con moita paciencia e vocación pola Educación e as crianzas.
Se che interesa o meu perfil ponte en contacto comigo sen compromiso.
Sandra puede proporcionales a petición los datos de contacto de antiguos empleadores que le recomiendan.
No tiene recomendaciones de momento, ¿tendrá dentro de poco la tuya?
Escribir una recomendación