Son mestra e educadora de Educación Infantil (Grao en Mestra de Educación Infantil e Técnica Superior de Educación Infantil) e monitora de tempo libre. Tamén con diversos cursos como o de psicoloxía infantil, estimulación temperá, primeiros auxilios, etc.
Sobre a miña experiencia laboral, fun aupair no Reino Unido de dous rapazes (de 1 a 6 anos) durante dous anos. Ademais, conto con anos de experiencia como monitora de campamento urbano con crianzas de entre 3 e 8 anos de idade, entre outros. Por último, tamén coidei a diversos nenos e nenas nas súas vivendas (se precisades referencias, podo proporcionarvos contactos).
En canto á miña personalidade, a grandes rasgos, son unha persoa activa, creativa, paciente e cariñosa. Encántame o mundo educativo e compartir tempo cos nenos/as: facer manualidades, pasear, xogar...
Se tendes algunha cuestión non dubidar en preguntar. Graciñas!
Para máis información ou dúbidas poñédevos en contacto conmigo sen ningún problema. Moitas grazas!