Boas! Chámome Minia, teño 24 anos e son mestra de educación infantil.
Empecei a traballar con infancia cando estaba estudando o grao para mestra de educación infantil. Teño experiencia en coidado de bebés, como monitora de lecer e tempo libre (campamentos e acampadas con idades entre 3 e 16 anos) e tamén como profesora de reforzo na etapa de primaria (de todas as materias, con dominio destacable no ámbito das matemáticas), ESO (linguas e literaturas) e Bacherelato (linguas e literaturas). Acabei o grao universitario en 2023 e despois diso especialiceime en literatura infantil e xuvenil e didáctica da lingua e da literatura. Nese tempo tiven a miña primeira experiencia na escola como mestra titora dun grupo de idades mixtas (2-6 anos).
Busco un traballo a tempo parcial durante o verán, con posibilidade de continuidade unha vez comezado o curso escolar, pois ao mesmo tempo estarei estudando a oposición.
Sobre min poderíache dicir que son unha apaixonada do mundo da literatura infantil, da arte, da natureza e do mundo educativo. Ademais, fago teatro, toco a pandeireta e encántame a danza tradicional e facer plans culturais. Isto fai que goce do meu traballo en cantidade e que goste de ofrecer á infancia (tanto dentro como fóra da casa) plans como: narración oral, teatro infantil, experimentación artística, interacción coa natureza, visitas a museos, bibliotecas, contacontos e demais programación cultural infantil etc.
A miña lingua habitual é o galego e teño competencia oral en castelán e, de forma básica, en catalán, inglés, francés e portugués.
Cuidado ocasional de niños | 15,00 € neto a la hora |
No tiene recomendaciones de momento, ¿tendrá dentro de poco la tuya?
Escribir una recomendación
Confianza
Tarifas
Cuidado ocasional de niños | 15,00 € neto a la hora |