Anuncio modificado el 6 Julio 2023 a las 20:13
Chámome Lucía. Son unha persoa atenta, responsable e cariñosa, gústame moito xogar coas crianzas, ensinarlles cousas e aprender deles. Busco compaxinar os meus estudos co coidado ocasional (ou máis frecuente) de nenos. Teño experiencia co coidado de nenos e nenas de 2 a 12 anos, adquirida no ámbito familiar e durante prácticas, así como axudando nos deberes e estudos, xa que imparto clases particulares (idiomas como galego, castelán, inglés; e outras materias, como matemáticas ou ciencias) a estudantes de diferentes idades.
Podo facer as compras, axudar cos deberes e facer algúns traballos domésticos sinxelos se é necesario. Se estás a buscar unha canguro e queres saber máis sobre min, non dubides en contactar comigo.
No tiene recomendaciones de momento, ¿tendrá dentro de poco la tuya?
Escribir una recomendación