Anuncio creado hace más de 7 años
TRABALLADORA AUTÓNOMA
Monitora e Directora de Tempo Libre, Máster en Educación Secundaria, estudante de Maxisterio de Primaria. Teño 8 anos de experiencia traballando con peques e adolescentes en diversos ámbitos: campamentos, animacións, coidadora, profesora particular e de extraescolares, profesora de inglés...
Como monitora-coidadora considérome divertida, non teño sentido do ridículo cando se trata de xogar, e tamén sei ser seria e marcar os límites dunha maneira amable. Teño paciencia e cando hai un conflito procuro mediar e relaxar o ambiente, acompañando aos nenos coas emocións que senten e axudándolles a entendelas. Traballei con pequenos desde os 2 ata os 17 anos, en grupos moi variados e contextos moi distintos. Non teño experiencia coidando bebés pero estou aberta a aprender.
No que respecta á miña formación, aquí hai un resumo das cousas relevantes:
-Grao en Educación Primaria (en curso, USC).
-Máster de Profesorado de Secundaria (USC).
-Titulada Superior en Interpretación (ESAD Galicia).
-Monitora de Tempo Libre (8 anos de experiencia).
-Directora de Tempo Libre (< 1 ano de experiencia.
-Falo galego e español como linguas maternas. Teño o C1 de Inglés e Francés. Adáptome á lingua que me solicite a familia, cobrando máis se teño que falar en Inglés ou Francés.
-Teño carné de conducir e coche propio.
-Non fumo e non me gustan os ambientes nos que se fuma.
-Podo axudar con algunhas tarefas da casa, teríamos que acordalo con antelación.
Para máis información sobre os horarios exactos, a miña formación ou calquera outra consulta, non dubidedes en escribirme!
Podedes facelo a través desta plataforma, revísoa case todos os días e chéganme as notificacións ao correo electrónico.
Cuidado ocasional de niños | 10,00 € a la hora |
10€ a hora, con Inglés ou Francés serían 12€
Carmela puede proporcionales a petición los datos de contacto de antiguos empleadores que le recomiendan.
Confianza
Tarifas
Cuidado ocasional de niños | 10,00 € a la hora |
10€ a hora, con Inglés ou Francés serían 12€