Anuncio modificado el 19 Julio 2024 a las 11:22
Son unha estudante do Grao de Educación Infantil que estuda en Santiago de Compostela e que busca coidar crianzas a tempo parcial, para poder combinalo cos estudos. Teño experiencia no coidado de nenos e nenas e estaría dispoñible para algunhas noites, fins de semana e no período de vacacións escolares. Son paciente e empática e implícome cos cativos e cativas, primando a súa comodidade e benestar. Ofrezo aos rapaces e rapazas xogos educativos, á par que entretidos, e actividades coas que fomentar as súas capacidades e habilidades.
Antía puede proporcionales a petición los datos de contacto de antiguos empleadores que le recomiendan.