Ola! O meu nome é Beatriz e son mestra graduada en Educación Infantil e Monitora de Ocio e Tempo Libre. Ademais, cursei un ano do Grao en Matemáticas e teño a certificación do B1 de inglés da Escola Oficial de Idiomas.
Teño experiencia no coidado de nenas e nenos de entre 3 e 9 anos. Tamén teño experiencia como profesora de clases particulares con alumnado de ata 2º da ESO en diferentes materias (Matemáticas, Física e Química, Ingés e Lingua e Literatura Galega/Española). Non obstante, podería adaptarme a dar outras asignaturas, podedes preguntarse sen ningún tipo de compromiso!
Na actualidade estou preparando unha oposición, polo que busco un traballo que me permita seguir estudando. Isto permíteme adaptarme a diferentes horarios e necesidades con facilidade.
Ante calquera dúbida podedes poñervos en contacto comigo e intentarei respondervos o máis rápido posible.
Cuidado ocasional de niños | 10,00 € a la hora |
Cuidado parcial / después del colegio | 8,00 € a la hora |
Ante todo, gustaríame sinalar que estas tarifas son orientativas e estou aberta a modificalas. Non obstante, poño estes prezos porque considero que teño unha formación que me permite realizar este traballo cun certo nivel de profesionalización e ir máis alá do coidado de crianzas, podéndolles ofrecer unha atención que axude ao seu correcto desenvolvemento.
No tiene recomendaciones de momento, ¿tendrá dentro de poco la tuya?
Escribir una recomendación
Confianza
Tarifas