Ola! son Eva, teño 21 anos e dende pequena teño vocación pola educación e os nenos e nenas.
A nivel de estudos, xa rematei a carreira de educación infantil en Santiago de Compostela e agora estoume formando sobre as dificultades de aprendizaxe nun máster en Ourense.
En canto a experiencia cos cativos e cativas, ademais da acadada durante a carreira, e do coidado dalgúns familiares ao longo dos anos, tamén son monitora de tempo libre.
Como se pode ver son unha apaixonada polos pequenos e pequenas e estou acostumada a tratar con múltiples e diversas personalidades e carácteres.
Por outra parte, con respecto á miña dispoñibilidade, podo traballar durante a semana todas as mañás, as tardes do luns e martes, e dependendo da semana é posible que tamén poida algúnha tarde máis.
Os findes en principio non estaría dispoñible, pero todo se pode tratar.
Esta información la facilita el miembro; le recomendamos verificarla.
A leer: Buenas prácticas para contratar