Ola! Son Noelia, teño 29 anos e vivo en Culleredo. Traballo como camareira a xornada completa de turno de mañán, e busco complementar o meu salario como coidadora a tempo parcial ou de forma puntual.
Son Técnica Superior en Educación Infantil e graduada en Filosofía. Os meuz hobbies son as labores textiles e a costura, a lectura, o deporte e as manualidades.
Dispoño de carnet e vehículo propio, ainda que prefiro desplazarme a pé.
As miñas linguas maternas son o galego e o castellano. Ademais, teño o título Advanced en inglés certificado pola Escuela Oficial de Idiomas.
Teño experiencia laboral en diversos ámbitos, incluíndo o coidado de nenos e nenas, tanto en escola infantil como en domicilios particulares. A miña máxima é coidalos e mirar polo seu benestar sen deixar de ser unha persoa cercana e comprensiva con eles coa que xogar, falar e á que contarlle as súas ocurrencias ou as súas preocupacións.
A miña dispoñibilidade actual é a partir das 16:30h.
Esta información la facilita el miembro; le recomendamos verificarla.
A leer: Buenas prácticas para contratar