Chámome Sarai , teño 23 anos e son graduada en Mestra de Educación Primaria na USC. Este ano cursarei un máster no campus de Lugo. Tamén teño o título de Monitora de Tempo Libre, polo que as actividades e xogos divertidos cos vosos nenos/as estarán garantidos. Por outro lado, gústanme moito as linguas estranxeiras e teño o First Certificate de Cambridge así como un nivel C1 de coñecemento da lingua italiana grazas a unha estancia dun ano na cidade de Milán. Ofrezo un servizo de canguro, axuda coas tarefas da escola así como acompañamento ás diferentes actividades extraescolares (teño coche propio). Considérome unha persoa responsable, flexible, que se adapata facilmente as diversas situacións, con iniciativa propia, amable e moi risueña. O horario é flexible e trato sempre de adaptarme ás rutinas e actividades dos nenos e nenas. Non dubidedes en contactar conmigo para calquera pregunta, se queredes referencias sobre a miña experiencia como canguro ou ver o meu CV. Graciñas!
Cuidado ocasional de niños | 6,00 € neto a la hora |
Cuidado parcial / después del colegio | 7,00 € neto a la hora |
Sarai puede proporcionales a petición los datos de contacto de antiguos empleadores que le recomiendan.
No tiene recomendaciones de momento, ¿tendrá dentro de poco la tuya?
Escribir una recomendación
Confianza
Tarifas
Cuidado ocasional de niños | 6,00 € neto a la hora |
Cuidado parcial / después del colegio | 7,00 € neto a la hora |