Anuncio creado hace más de 9 años
Ola!
Chámome Uxía e adoro aos /ás nenos/as. Teño ampla experiencia no seu coidado, non só dentro da miña ampla familia debido a que eu son unha das primas maiores ;) , senón tamén coma profesora, monitora e niñeira. Ademáis teño coñecementos de primeiros auxilios, xa que me formei na unidade de Socorros e Emerxencias da Cruz Vermella.
Podo xogar, axudar coas tarefas do colexio (este ano aprobei as oposicións de Educación Secundaria e Bacharelato, mais por falta de puntos de experiencia na educación formal, quedei a unhas centésimas de obter praza), pintar, ir buscalos/as ao colexio ou á gardería, ir ao parque, etc.
Se tes calquera dúbida, non dubides en chamarme sen ningún compromiso, pois escoller á persoa á quen confíar o coidado dos/as teus/as fillos/as é unha decisión importante. Moita sorte coa busca!
No tiene recomendaciones de momento, ¿tendrá dentro de poco la tuya?
Escribir una recomendación