Ola familia!! ☺️
Son Marta e son educadora infantil e mestra.
Fixen o ciclo superior de educación infantil (que se centra no primeiro ciclo da etapa, entre 0 e 3 anos) e o grao de maxisterio de educación infantil, que aínda que aborda toda a etapa especialízase no segundo ciclo, o que corresponde co período de 3 a 6 anos.
Actualmente estou opositando e busco un traballo que poida compaxinar co proceso.
Son coidadora dende que teño uso de razón. É unha característica inherente á miña forma de ser, aínda que de maneira profesional fágoo dende fai 10 anos, ben de maneira puntual ou dunha maneira máis estable ao longo de todo o curso.
Creo firmemente na infancia como motor de cambio cara unha sociedade máis consciente e coidadora. Por iso o meu compromiso ca educación, especialmente ca infantil, é total. Por iso tento estar en continua formación, cunha actitude de curiosidade constante que procuro transmitir ás crianzas que me rodean, ca confianza de que aprendan valores importantes a través do exemplo.
Calquera cousiña poñédevos en contacto comigo e agardo poder axudarvos.
Un saúdo!!
Cuidado ocasional de niños | 12,00 € neto a la hora |
Cuidado parcial / después del colegio | 9,00 € neto a la hora |
Marta puede proporcionales a petición los datos de contacto de antiguos empleadores que le recomiendan.
No tiene recomendaciones de momento, ¿tendrá dentro de poco la tuya?
Escribir una recomendación
Confianza
Tarifas
Cuidado ocasional de niños | 12,00 € neto a la hora |
Cuidado parcial / después del colegio | 9,00 € neto a la hora |