Ola! Chámome Marta, teño 22 anos e actualmente estou rematando a carreira de Ciencias do Mar, se todo vai ben en xuño serei libre.
A carreira non ten moito que ver coa docencia nin cos nenos en xeral, por non dicir que non ten nada que ver, sen embargo toda a vida fun de ciencias e toda a vida me encantaron as crianzas.
Busco traballo tanto como profe de clases particulares de francés (teño un nivel b2 certificado, un ano de estudos en Francia e estou camiño de sacar o c1) como para ser canguro en noites puntuais na cidade de Pontevedra e arredores (podo dispoñer de coche para desplazarme).
Como experiencia, levo un ano cuidando de 3 nenos en Poio, grazas a esta plataforma e estou moi a gusto con eles e penso que eles tamén conmigo. Ademais durante o ano de erasmus din clases de español a nenos franceses, como unha especie de Aupair ou canguro que fala noutro idioma.
Gustaríame o traballo para ir tendo algúns aforros, xa que para o ano quero facer un mestrado e quizais ir pensando en independizarme e por algo hai que empezar.
E, modestia a parte e para finalizar, son super puntual sempre e moi moi moi organizada e comprometida con todo o que fago. :)
Cuidado ocasional de niños | 6,00 € neto a la hora |
É o que cobro actualmente como canguro dos nenos que cuido de maneira puntual. Paréceme un prezo adecuado ao traballo que realizo, aínda que tamén penso que pode variar en función das tarefas a realizar ou na hora do día á que teña que ir.
No tiene recomendaciones de momento, ¿tendrá dentro de poco la tuya?
Escribir una recomendación
Confianza
Tarifas