Ola!!!
Son Uxía e estou a rematar a carreira aquí en Lugo. Busco un traballo que poida compaxinar coas prácticas e, por tanto, que me permita ter certa flexibilidade horaria. O que sí, sempre estou dispoñible para antes da escola, mediodía e noite.
Podo encargarme, a parte do coidado dos nenos, de axudalos cos deberes e de que leven ao día a materia que aprenden na escola. Estarei encantada de ver como aprenden conmigo!
Ademais, tamén podo realizar tarefas domésticas como facer a comida, lavar os pratos, poñer e tender a lavadora, limpar ou pranchar, entre outras.
Sempre me gustaron moito os nenos. Dende que teño memoria, sempre coidei de primos máis pequenos ca min cando me tocaba, en momentos puntuais. Ata o de agora, non teño experiencia profesional, de aí que non me pareza lóxico poñer unhas tarifas superiores ás que puxen.