
Nerea, niñera a domicilio en Rodeiro
Hola a todos! Chàmome Nerea e actualmente estou rematando un dobre grado de empresariais e turismo. Durante o verán gustaríame desempeñar outra das miñas pasións que é a relación cos nenos e nenas e o seu coidado xa que dende moi cativa sempre me gustaron e sinto algo especial cando trato con eles. Aínda que so teño 22 anos, as circunstancias da vida fixéronme madurar moi rápido, por iso, considérome moi responsable, atenta e paciente.





